Hoxe, 17 de maio, festexamos o día das nosas letras, este ano adicado a Carlos Casares.
Durante as semanas previas a esta conmemoración, o Equipo de Normalización Lingüística do cole estivo preparando un recuncho adicado a este escritor no edificio de Primaria, con todas as aportacións do alumnado e as súas familias.
Neste recuncho, estiveron presentes os dous contos de Casares aportados polos nosos compis Enzo e Adri: "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta" (contos lidos tamén na clase).
Os nenos e nenas de 3 anos, colaboramos na decoración do recuncho cunha imaxe de Carlos Casares.
Onte pola mañá visitamos a biblioteca e alí a profe Sara explicounos, mediante un vídeo feito polo alumnado, pinceladas da vida e obra de Casares.
Despois, no recunho do escritor, vimos os materiais aportados e lemos "A galiña azul".
E para rematar a xornada...na sesión da tarde, desfrutamos da actuación de baile e pandeireta.